Memoria da Noite (Versión 2011) by Mägo de Oz
Memoria da Noite (Versión 2011) by Mägo de Oz

Memoria da Noite (Versión 2011)

Mägo de Oz * Track #19 On Love and Oz

Memoria da Noite (Versión 2011) Lyrics

[Letra de "Memoria da Noite (Versión 2011)"]

Madrugada, o porto adormeceu, amor
A lúa abanea sobre as ondas
Piso espellos antes de que saia o sol
Na noite gardei a túa memoria

Perderei outra vez a vida
Cando rompa a luz nos cons
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar

Veu o loito antes de vir o rumor
Levouno a marea baixo a sombra
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
As redes baleiras, sen gaivotas

E dirán, contarán mentiras
Para ofrecerllas ao Patrón:
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar

Madrugada, o porto despertou, amor
O reloxo do bar quedou varado
Na costeira muda da desolación
Non imos esquecer, nin perdoalo

Volverei, volverei á vida
Cando rompa a luz nos cons
Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar
Non nos afundiremos nunca máis
Que na túa memoria xa non hai volta atrás:
Non nos humillaredes NUNCA MÁIS

Memoria da Noite (Versión 2011) Q&A

When did Mägo de Oz release Memoria da Noite (Versión 2011)?

Mägo de Oz released Memoria da Noite (Versión 2011) on Tue Dec 13 2011.

Your Gateway to High-Quality MP3, FLAC and Lyrics
DownloadMP3FLAC.com