[Letra de "Formentor"]
[Verso 1]
Por debaixo do mar soa un pandeiro
E hai un río de luz asulagado
Por enriba do mar soa unha frauta
E hai unha rúa de camelios brancos
Viñen ao sul, viñen aos ceos craros
Un aire azul de mornas volvoretas
Chouta, lene e torcaz, de barco en barco
[Retrouso]
Vexo rendas de escumas nas olladas
E teño sangue mozo nos meus brazos
Un edén houbo eiquí de arxilas moles
I eiquí nasceron tódolos paxaros
E tódolos camiños que levaban
Mirtos e espellos, por eiquí pasaron
[Verso 2]
Estóu no sul, estóu nos ceos craros
Esta é a illa das covas misteriosas
Formentor é seu facho, unxida de olios vellos
A súa noite ten lumes lonxanos
Voces, cristales, bosques silandeiros
Vagalumes e greas de cabalos
[Interludio Instrumental]
[Pre-Retrouso]
Veño do sul, veño dos ceos craros
Nascéronme nas maus augamariñas
Traio nos beizos froles de laranxos
[Retrouso]
Vexo rendas de escumas nas olladas
E teño sangue mozo nos meus brazos
Un edén houbo eiquí de arxilas moles
I eiquí nasceron tódolos paxaros
E tódolos camiños que levaban
Mirtos e espellos, por eiquí pasaron
Formentor was written by Celso Emilio Ferreiro.
Formentor was produced by MRTN (ESP).
MRTN (ESP) released Formentor on Thu Apr 25 2024.