Carmiña Vacaloura by Maestro Reverendo (Ft. Julian Hernandez & Maestro Reverendo)
Carmiña Vacaloura by Maestro Reverendo (Ft. Julian Hernandez & Maestro Reverendo)

Carmiña Vacaloura

Maestro Reverendo & Julian Hernandez & Maestro Reverendo * Track #2 On A Cantar Con Xabarín (Vol III e IV)

Download "Carmiña Vacaloura"

Carmiña Vacaloura by Maestro Reverendo (Ft. Julian Hernandez & Maestro Reverendo)

Release Date
Sun Jul 26 1992
Performed by
Maestro ReverendoJulian Hernandez & Maestro Reverendo
Produced by
Julian Hernandez & Maestro Reverendo
Writed by
Julian Hernandez & Maestro Reverendo

Carmiña Vacaloura Lyrics

[Letra de "Carmiña Vacaloura"]

[Estrofa 1]
Este é o conto de Carmiña Vacaloura
A vacaloura máis xentil do lugar
Carmiña vivía nun vello carballo
E lévabase ben con todo o mundo en xeral
Pero ó pé do carballo nun burato
Pepiño Grilo daba a lata todo o ano
E Carmiña Vacaloura non o podía aturar

[Estrofa 2]
"Grilo do demo que só ve-la palla no ollo alleo, para xa de falar:
Non ves que ninguén atende os teus consellos
Por mor da túa catadura moral"
Así falaba Carmiña cabreada
Abrindo as fauces e poñendo mala cara
"Ti que saberás o que está ben ou está mal?!"

[Retrouso]
Carmiña Vacaloura fai ben
O grilo a ela tanto lle ten
Do que non se pode falar
O mellor é sempre calar

[Instrumental]

[Estrofa 3]
"Non fagas isto, non faga-lo otro
A metamorfosе a levas moi mal"
Pepiño Grilo tiña frase para todo
Pouco cri-crí е moito bla bla bla
Se chego tarde porque chego tarde
Se chego cedo porque chego cedo
Faga o que faga sempre chega o sermón!

[Estrofa 4]
Onde se viu un grilo con chistera?
Acaso é o grilo do Santo Grial?
Onde se viu un insecto insecticida?
Non ten amigos nin nunca os terá
E os demais insectos que xa estaban fartos
Reuníronse perto do carballo
E foron a Carmiña a pedirlle solución

[Retrouso]
"Carmiña, ti que es grande e xentil
Bota a Pepiño de aquí
O que non se pode aturar
O mellor é facelo calar"

[Estrofa 5]
"A paciencia e a consciencia
Son asuntiños de mal casar
Son cousas de moito pelexar
Non son vaca nin son loura
Pero o grilo vaime escoitar
As miñas fauces vanlle asustar"
E Pepiño emigrou dende o carballo ata o Nepal!

[Retrouso]
"Gracias Vacaloura xentil
Polo que fixeches por nós
O que non se pode aturar
O mellor é facelo calar"

[Outro]
Do que non se pode falar
O mellor é sempre calar
Do que non se pode falar
O mellor é sempre calar
Do que non se pode falar (Pepiño Grilo)
O mellor é sempre calar (A calar!)
Do que non se pode falar (Non se pode falar!)
O mellor é sempre calar (O mellor é sempre calar!)
Do que non se pode falar
O mellor é sempre calar (Y yo me voy)
Do que non se pode falar (¡Al Escorial!)
O mellor é sempre calar
Do que non se pode falar
O mellor é sempre... calar!

Carmiña Vacaloura Q&A

Who wrote Carmiña Vacaloura's ?

Carmiña Vacaloura was written by Julian Hernandez & Maestro Reverendo.

Who produced Carmiña Vacaloura's ?

Carmiña Vacaloura was produced by Julian Hernandez & Maestro Reverendo.

When did Maestro Reverendo release Carmiña Vacaloura?

Maestro Reverendo released Carmiña Vacaloura on Sun Jul 26 1992.

Your Gateway to High-Quality MP3, FLAC and Lyrics
DownloadMP3FLAC.com