Ahi ven o maio
De frores cuberto
Puxéronse a porta
Cantándome os nenos
Os puchos furados
Pra min extendendo
Pedíronme crocas
Dos meus castiñeiros
Pasai rapaciños
Calados e quedos
Que o que é polo de hoxe
Que darvos non teño
Eu son voso probe
O pobo galego
Pra min non hai maio
Pra min sempre é inverno
Cando eu me atopare
De donos liberto
Que o pan non mo quiten
Trabucos e préstemos
Que, como os do abade
Frorezan meus eidos
Chegado habrá entón
O maio que eu quero
Queredes castañas
Dos meus castiñeiros
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos
Un maio sin segas
Usuras nin preitos
Ahi ven o maio was written by Luis Emilio Batallán González.